Como esas fontes frescas
Como esas fontes frescas, agachadas
no fondo das sombrías arboredas,
onde o medoso cervo fuxitivo
un instante repousa da carreira
e mata asede a grolos, sempre inquedo
do máis levián rumor da folla seca,
este meu corazón
é unha fonte segreda,
homilde e silenziosa
de ágoa limpa e serea.
Non quero que se enlixe
a fontiña segreda,
non quero que se enlixe
porque, algún día, ela
¡ten de chegar á fonte,
fuxitiva e sedenta!
A rosa de cen follas
Ramón Cabanillas
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
If Only- Rick Wakeman
Comentarios