Pequena volta

Volver á cidade afastada da infancia,
par entre pares outra vez,
recobrar aquel posto fai tempo perdido,
ámbito acolledor en días fríos,
tecido de costumes e de complicidades.
Rememorar cantos esquecidos,
rostros esvaecidos, rúas, nomes,
maneiras e expresións.
Borrar tanta distancia nunhas horas
de feliz reencontro.
Pasear por beirarrúas familiares
e xardíns que seguen
alzando aquelas árbores
que a memoria garda en doces interioridades.
Ser outra vez aquel que foi, que fuches,
páxina xa pasada dunha historia
que te trouxo ata aquí,
ata este día,
neno por unhas horas
na túa vella cidade,
no fondo a mesma, pero tan diferente,
e partir, partir pronto,
recobrar os quefaceres doutro mundo
lonxe destas paisaxes que evidencian
coa súa presenza brusca
o seu diario desgaste, o paso dos anos,
ao tempo que o teu propio estrago.


Eses teus ollos
Jesús Munárriz

Fotografía de Roque Soto



O primeiro dia - Sergio Godinho

Comentarios

Publicacións populares