Rúa sen nome
Amenceu. E cada esquina canta,
treme recén chovida. Están moi altos
o cemento e o ceo.
Estame a chamar o aire con rutina,
sen uso.
O violeta novo das nubes
vacila, acovárdase. E moi abertas
voan as andoriñas e a cidade sen couzóns,
o bronce en flor das campás. Onde,
onde os meus pasos?
Ti non andes máis. Di adeus.
Ti deixa que esta rúa
siga falando por ti, aínda que nunca volvas.
treme recén chovida. Están moi altos
o cemento e o ceo.
Estame a chamar o aire con rutina,
sen uso.
O violeta novo das nubes
vacila, acovárdase. E moi abertas
voan as andoriñas e a cidade sen couzóns,
o bronce en flor das campás. Onde,
onde os meus pasos?
Ti non andes máis. Di adeus.
Ti deixa que esta rúa
siga falando por ti, aínda que nunca volvas.
Case unha lenda
Claudio Rodríguez
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Polvere di gesso - Gianmaria Testa
Comentarios