Polo túnel


Regreso ao tempo en que te coñecín,
cando o mundo remataba no teu xardín,
eu era o vaqueiro máis duro da Unión
e ti a bailarina do saloon.
Todas te avantaxaban en virtude
pero ningunha daba o que ti.
Logo voaches, alguén me contou
que fixeches do amor a túa profesión.
Dende que aquel inverno rematou,
Eu sigo igual, xa sabes, en Madrid.
As cousas non dan moito máis de si.
Un día chámote e imos cear.
Espero farasme un prezo especial.
O resto da banda perdeuse.
O maldito reloxo os chimpou;
fan quinielas, fillos, van ao bar.
O teu oficio non é peor que os demais.
Dende que aquel inverno rematou,
dende que aquel amigo se esfumou,
dende que comezaches a esvarar
polo túnel
que leva onde crece
a máis escura flor da cidade.



Joaquín Sabina - Los Secretos


Fotografías de Roque Soto





Banda sonora:


Por el túnel - Los Secretos

Comentarios

Publicacións populares