Chegou dende o mar
Chegou dende o mar a noite, saíu o
crecente de parte de terra, e asomáronse ás súas xanelas as tremelucintes estrelas. O vento caera, e soamente se
escoitaba o xogo das ondas entre as rochas.
...
...
Estes eran dous outeiros xemelgos, que
separaban a mariña propiamente dita do país do río, e se na cara que daba ao
mar, como varrida polo vento salgado, aparecían desertos con grandes calveiros cheos de area e cavorcas nuas de paredes, onde capas avermelladas
alternaban con outras de cantos rodados, pola banda do río era un país de bosques
mestos que os nativos chamaban a Selva.
...
...
Un home que se parecía a Orestes
Álvaro Cunqueiro
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
The Immigrant Lad - Eric Burdon & The Animals
Comentarios