Auga
Durante décadas, os gobernos dedicaron os investimentos a construír encoros, ampliar regadíos, promover desenvolvementos turísticos e degradar, cada vez máis, os ecosistemas acuáticos: ríos, brañas, lagos e marismas, moitos deles dependentes dos acuíferos.
España é agora o país con máis encoros do mundo por habitante, non obstante non soubemos xestionar este recurso natural. Así o demostran os máis de 500.000 pozos ilegais, a perda dunha quinta parte da auga urbana en redes obsoletas, o feito de que só depuremos a metade das augas residuais urbanas, as 10.000 verteduras industriais ao ano e a desaparición de máis do 60% das brañas.
O noso consumo de auga é insostible. Na costa mediterránea non caben outros 150 campos de golf 'sostibles' e o regadío deixou seco a moitos acuíferos e brañas, como as Táboas de Daimiel.
O regadío consume o 80% da auga en España, moitas veces practicado só para cobrar máis subvencións e a custa de producir excedentes.
Texto recollido de WWF España
Fotografías do parque de Ordesa feitas por Emilio Blanco
Comentarios