O Sil en Sequeiros
O Sil está, en Sequeiros, encorado
remansando cautamente o seu caudal
pra pasar inadvertido polo Val
como vento sotil e delicado.
Nesta profundidade moura e abismal,
na que se olla o río ensemismado,
oise un misterioso laio namorado:
voz dun amor puro, fidel e inmortal.
Son dous eternos amantes: ahí están
no pasadizo que vai, baixo do río,
dende Torre Novaes a outra riveira.
Amor, morte, misterio: veñen e van
por un iñoto alén claro e sombrío
coa chama inmorrente e verdadeira.
Sonetos ao Val de Quiroga
Manuel María
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora
Comentarios