O barqueiro do río

Meu canto é longo coma noite de invernía,
cecáis teñamos que ire agora
dunha banda á autra,
levarte nas miñas maus febles
que non poden co peso dunha folla,
imos xuntos da cadea á liberdade
da morte a vida.
Abre no espacio infindo as tuas áas
e guía prao centro do Sol.



O libro dos mortos
Eduardo Moreiras


Fotografía de ©Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares