María e Amaranta
Sobre o cristal devagar con deleite
Tremendo dun pracer descoñecido
Enchiches vida fermosas e rechamantes
Xuntáronse dúas gotas de orballo
E dúas estrelas aínda máis paseniñamente
Tómanse os brazos dos seus raios
Aproximáronse no firmamento
E nunha soa estrela integráronse.
Ollos azuis, ouro nos seus cabelos, María
A pel do sol tostada levemente
Maneiras doce e carácter suave
Delgada esvelta, case adoescente
Andares soltos e mirada grave
De pelo e ollos como o acibeche, Amaranta
De formas morbidas, redondeadas
A pel do branco e rosa dunha flor
Natureza tan apaixonada
Que arde no lume do seu moito amor
Sacerdotisas dalgún paraiso
Que non alcanzamos todos os mortais
Somerxéronse nunha liturxia
De mil caricias case celestiais
E na fasciación irresistible
Que as atraeu dende que se viron
Como dúas gotas, como dúas estrelas
María e Amaranta fundíronse.
Rodrigo García
Señora azul
Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán
Fotografía feita por © Roque Soto sobre outra no barrio de Chueca de Madrid.
Comentarios