Xeórxica do mes de maio
...
...
O mes de maio chega ca aroma das lilas, das rosas e mais dos caraveles. Entre arrecendendo a groria, da mao da deusa Flora. Entra risoño e ponse despois pensativo e grave, con serás tépedas e pardas. Os cativos saen da escola e póñense a cacheaa-las sebes i os matos, buscando niños de melro, de carrizo ou de páxara-moura. Asexan onde se pousa a rula. Ben saben que pon dous ovos nada mais no mesmo gallo maior da álbore onde se xuntan as pólas meirandes.
...
...
Unha anterga cántiga da Provenza di asina:
Mes das limpas mañanciñas,
maio dos meus amores,
bordado das anduriñas,
ledo de reiseñores...
Recanto
Ánxel Fole
Fotografía de ©Roque Soto
Comentarios