Centenario do nacemento de Eduardo Moreiras
Polo San Xohán
Lucinda deixaba a longa saia moi dobradiña á sombra dos choplos e entreba no relanzo frío. Nadaba un pouco e logo tornábase cara ao ceo, ollando o follaxe dos castiñeiros da encosta que parescían acubillar o rumorexo solitario da iauga.
Moitas veces cantaba nadando. Entón saía un son dos fíos da corrente e ela abouraba o ritmo da cantiga hasta perdélo na brisa.
Outras veces mordiscaba, bañándose, unha mazán. Os dentes pequenos e un pouquichiño separados, brillaban como perlas húmidas.
Follas de vagar
Pintura de Camille Pissarro
Comentarios