Expresión de fame e soidade

Os veráns eran longos e os meses de frío invernal, escasos. Case sempre o ceo ofrecía un aspecto azul, cristalino, e o sol ardía cun resplandor desenfreado. Máis tarde viñan as chuvias suaves, frías de novembro, e quizais despois as xeadas, e uns curtos meses de frío. Os invernos eran variables, pero os veráns eran sempre abrasadores. A cidade era bastante grande. Na rúa principal había varias mazás de tendas de dous ou tres pisos e oficinas comerciais. Pero os maiores edificios da cidade eran as fábricas, que daban emprego a unha alta porcentaxe da poboación. Eran fiadeiros moi grandes e florecentes, aínda que a maior parte dos obreiros da cidade eran moi pobres. Con frecuencia podía observarse nas caras da xente que camiñaba pola rúa unha desesperada expresión de fame e de soidade.


O corazón é un cazador solitario
Carson McCullers


Pintura: Strike, Fall River
© Thomas Hart Benton

Comentarios

Publicacións populares