Poesía amorosa de Novoneyra

Uxío Novoneyra (1930-1999), poeta galego tranquilo e parsimonioso nas súas escasas entregas poéticas, coñeceu no ano 1986 a edición de Muller pra lonxe, un libro elegantemente publicado pola Deputación Provincial de Lugo, que recolle poemas amorosos do escritor do Courel. A obra ofrece así mesmo ilustracións do artista lugués Carlos Pardo Teijeiro. Outro lugués, poeta tamén, Claudio Rodríguez Fer, encargouse do epílogo, que informa sobre os versos do citado libro, escritos entre 1955 e 1985. Todos, aínda que de diferentes poemarios (Os Eidos, Elexías do Caurel, Viet Nam e Letanía de Galicia, recollen o amor, dende unha perspectiva dolorosa nos primeiros á exaltación dos sentidos e sentimentos, da depresión ao vitalismo, do encollemento á liberación explosiva. O libro foi reeditado no no 2012.


Outros libros de Novoneyra

Os eidos (1955)
Elegías del Caurel y outros poemas(1966). bilíngue.
Os eidos 2 (1974)
Poemas caligráficos (1979).
Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988)
O cubil do xabarín (1991)
Gorgorín e Cabezón (1992)
Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998)



Comentarios

Publicacións populares