Outros enfoques

Virxilio Fernández Cañedo (Ourense, 1925 - Tamallancos, 2011) foi o primeiro pintor que coñecín en persona daquela capital de provincia do interior de Galicia á que chegara 30 anos atrás. Por unha céntrica rúa paseaba a súa delgada e agradable figura tocada no alto cunha boina como a dos paisanos dos aldeas. E isto a que vén a conto, pois que o outro día encontrei un catálogo sobre unha mostra de Virxilio, correspondente ao ano 1985, xunto a un montón de papeis sobre exposicións de pintura e de escultura.


O reencontro coas imaxes de pinturas e debuxos de Virxilio non foi en van, porque recupero para este espazo algunhas das obras que se colgaron entón na sala de Caixa Ourense no denominado edificio Torre


 
As obras recollíanse en varios apartados: Jazz Im Stricks Strumpf y Cachondas del Paraguay, entre os máis rechamantes, dos cales este post ofrece algúns títulos do grande artista plástico Virxilio, sempre presente cando se fala da pintura da segunda metade do século XX en Galicia.







Comentarios

Publicacións populares