A árbore da vida


A Cinta Rey, que quixo ser retratada por Amalia Álvarez Gallego (viúva de Alexandre Bóveda), ante a árbore da fraga da Caeira (Poio) onde fora fusilado o seu fillo Víctor Casas 0 12 de novembro de 1936.


Entre a árbore da vida
e a árbore da morte
só a muller reenxendra
o desenxendrado polos homes.

Estivo na orixe
dando a vida.
Acompaña ata a fin
na dor
e aínda despois
da dor,
como absorbéndoa.
Está sempre
onde estivo,
acariñando.

A nai é o contrario do fascismo.



Ámote vermella
Claudio Rodríguez Fer


Fotografía de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares