flores collín por cómaros e hortas
i ora vou esfollando flores mortas
ao longo, longo da vereda escura.
Son aquel eu que sigue o meu camiño
mirando arriba, ollando aos horizontes
e debullando nun cantar baixiño
tristezas de oxe i alegrías de ontes.
Son aquel eu, paxaro que no pico,
leva o piar da soedá doente
en ás voando dunha arela infinda.
Son aquel eu co meu cantar no bico,
coa miña estrela a rebrilar na frente.
¡Son aquel eu que non morréu aínda!
Tres poemas inéditos
Xosé Crecente Vega (1896-1948)
Ao lonxe. Fotografía de © Roque Soto
Comentarios