Derradeira viaxe
trema
a primeira bagulla
vaise apagando
paseniñamente
a escura claridade
o desacougo inescudible
de presentir a soidade
sen tempo
xa estou disposta
adeus
pecho as mans
vai xieiro
as febras doloridas
derrámanse na almofada
inda reteñen as sabas
ese agarimo morno
adormecido
e pecho os ollos
noite
soño derradeiro
unha dorna livián me leva
velaíño
a alma
xa non podo virar
non podo
serena lentitude da porta
que se despecha coma un sopro
aire deshabitado
música
disonante
cordilleira de medo
calafrío
Luz Pozo Garza
Pinturas de © Steve Hanks
Comentarios