Letras Galegas 2016
Os medeiros
Foron segados os leiros!
E o centeo hai que atalo
en molliños moi lixeiros.
E despois hai que xuntalo
e ir facendo os medeiros.
Se o ano é bon ou é malo
hano decir os graneiros!
Están na agra os medeiros,
xa pouco tempo estarán.
Se os carros veñen baleiros
ben cargados voltarán.
Quedan os agros tristeiros
que lles levaron o pan...!
Terra Cha
Manuel María
Pinturas: Campos de pan e Recollendo a herba, Luis Gómez Pacios
Comentarios