O espello dime que xa non son Alicia

O espello dime que xa non son Alicia.
O tempo pesa.
E do cristal xa só xorde
a miña faciana estragada
polos bicos sen desexo.
Indefino os meus beizos
nunha riódoa roiba con aristas.
Xa vai tanto que os peitos aprenderon
a respectar a Newton.
A pube xa non é un corvo
que aniña nas miñas coxas 
xa non me canta o poeta.





Poema de Viqui Veiguela (León, 1979)

Fotogramas de My Little Princess, de Eva Ionesco




Comentarios

Publicacións populares