Rumiante
Ti estraga,
eu rumio.
Ti corta.
Ti talla.
Ti sementa.
Ti apaña
a miña merda
para abonar
a túa eira,
que esnaquizas,
que queimas.
Ti colleita.
Bebe leite.
Esmaga carne
para facer hamburguesas.
Ti desfai,
con todo o ruído,
á túa maneira,
que eu
estarei aquí
comendo herba
cando desaparezas.
Ti cava a tumba
en que te metas
no futuro.
Ti vai.
Eu rumio.
Nunca mascotas
Paula Carballeira
Fotografías de © Roby Davidson
Comentarios