O sexto dedo de Aljanabi

Co violento rinchar de
cabalos senís , o Tempo
bateu nas portas
do teu Bagdado pasado marzo

O poder dos réximes
e da arrogancia masculina
empalados 
na túa prepubescencia

O doce compartido aínda
na boca da túa
irmá de seis anos
cando te viu caer
O teu corpo reducido
a un sexto dedo non desexado.

Público mudo
ante a rapina da terra e das fillas
foron a túa mai vestida de burqa
e a punta de pistola o teu pai.
Cando seus cabalos senís
alsando sen alento
e ventando o fedor
do sangue que se verque,
o tempe avanzou.

Un movemento de plumas de pomba
ou un poema nada máis
testemuñas
do que aconteceu.


A violencia dun sorriso
Thamizhachi Thangapandian


Aljanabi tiña 14 anos cando cinco soldados estadounidenses a violaron en grupo.

Comentarios

Publicacións populares