Fotograma en branco e negro
Elas adoitan quedar chorando
nas húmidas rúas
baixo o cegador rótulo de neón.
Os finos tacóns fincan no chan entre charcos de charón.
Esvaran as pingas da choiva
polo escote da gabardina.
indolentes,
mentres se afasta.
Da porta entreaberta dunha boîte unha música melancólica
envolve en desamparo este fotograma en branco e negro.
A elegancia do século
Pura Tejelo
Fotomontaxe Roque Soto
Comentarios