Isadora a danzarina

As conversacións páranse por un intre e todos miran á do Norte. Os invitados imaxinan a unha danzarina como persoa delgada, de cintura de avespa e membros febles. Non é o caso. Un quitón encarnado que pinga mainamente duns ombreiros varudos esconde unha figura redondeada que tende á exhuberancia. O rostro semella armonioso e de trazos finos. Unhas cellas garbosamente debuxadas  delimitan a fronte ancha e alba. Isadora Duncan desprende calidez e amabalidade. Non parece extravagante senón máis ben sinxela e, con todo, unha auténtica dama: non dá a impresión de ser engreída, pero é moi consciente da súa fama, do seu prestixio e, aínda así, moi feminina.



Isadora Duncan und Sergej Jessenin
Carola Stern (1925-1996) 







Comentarios

Publicacións populares