O camiño sobe
baixa torce
e morre ó lonxe


Vai o José de Parada
atravesando il solo
a Devesa do Rebolo.

Cabalgando vagariño
cruza a terra do viño
cara Viana do Bolo.

Deixa a serra pasada.
Leva a alma asiñada
ca mágoa do camiño.

Moreda das morodellas!
Noguieiras freixos da Barxa!
a Boca do Couto! As Augas
i a Devesa da Rogueira!

Baixando terra fragosa
dende a Fontiña da Rosa
hastra'o muiño das edras
peta a auga nas pedras
foza nas portas un touro
tecen as mozas na tea
un monte lonxe fumea
e vai muñando o boi louro...



Uxío Novoneyra

Os eidos

A Uxío. Fotografía de © Emilio Blanco.





Comentarios

Publicacións populares