AMOU A UNHA SOBRE TODAS
Letras Galegas 2017
A dobre morte de Albert Camus
Parecíase a Humphrey Bogart, cousa que el sabía e non lle desgustaba: "Son unha mestura de Fernandel, de Humphrey Bogart e de samurai", dixo unha ocasión. A este respecto, con motivo da viaxe que realizou polos Estados Unidos en 1946, escribiulle unha carta ao seu querido amigo e editor Michel Gallimard, co cal sufriría o accidente de automóbil en que ambos os deus ían perder a vida quince anos despois, na que lle comentaba: "¿Sabes como me chaman as rapazas de Vogue?: The young Humphrey Bogart! Xa o sabes, podería conseguir un contrato de cine cando quixese!. A célebre gabardina da marca Burberry coa que aparece o escritor en moitas fotos formaba parte desta estética bogartiana: "Tantos petos, presillas, correas, etcétera, colman a máis antiga das miñas nostalxias".
Quixo ser actor e o teatro foi unha das paixóns da súa vida coas mulleres que eran outro dos atractivos que Camus atopaba naquel ambiente onde abundaban as rapazas fermosas. Destas últimas, amou a una sobre todas, a actriz nacida na Coruña María Casares, a quen se refería como a "única", quizais para explicar que era ela a que ocupaba o primeiro lugar e o máis estable nunha lista interminable de conquistas.
O expreso da literatura e outros ensaios
Carlos Casares
Comentarios