Capas

Surrealistic Pillow (RCA) 1967
Jefferson Airplane
Portada: Fotografía de Herb Green


En marzo de 1967 saía á venda o segundo disco gravado en estudo por Jefferson Airplane, pero con cambios na formación desta banda de San Francisco, pois como cantante figuraba a partir de entón a ex vocalista de The Great Society, Grace Slick, cantante, pianista e compositora, e o reputado percusionista Spencer Dryden (1938-2005). A primeira substituía á inesquecible Signe Toly Anderson (1941- 2016) 

Surrealistic Pillow representaba o acceso dun LP do denominado rock acedo ou psicodélico ao mercado discográfico, ao cal axudou a inclusión de dúas cancións con gancho, Somebody To Love e White Rabbit, que Grace Slick interpretara co seu anterior combo.


Jorma Kaukonen achega dúas composicións ao segundo longa duración da Jefferson Airplane, unha xunto a Marty Balin, e a composición Embryonic Journey, un instrumental acústico que co paso do tempo mantén a súa vixencia inicial e converteuse nun clásico do seu autor que toca en directo  50 anos despois da súa creación. Pola súa banda, Paul Kantner (1941-2016) aparece timidamente nos créditos das cancións (en dúas) aínda que en diante converteríase nun dos aeroplanos máis prolíficos no asunto da composición de cancións. Por certo, Skip Spence (1946-1999), primeiro baterista de Jefferson Airplane e en 1967 guitarrista de Moby Grape, deixou a peza My Best Friend. 


O inconfundible Jerry García (1942-1995) toca a guitarra, entre outras pezas, en Comin' Back To Me (acústica), unha penetrante balada de Balin, quen nos tempos lentos demostraba unha exquisita sensibilidade.


Bus de cores Sausalito-San Francisco, ida e volta. Ed. Quello. Sam Rock.




Poster Wes Wilson

Jefferson Airplane in Monterrey Pop Festival 1967





A finais de novembro de 1967 saía á venda o terceiro LP de Jefferson Airplane: After Bathing at Baxter's, con capa de Ron Cobb


Jean Luc Godard captou a JA no teito dun rañaceos de New York

Comentarios

Publicacións populares