Pase misí

Buscánse dúas nais. Elas falan entre si en segredo e sen que ninguén se entere. Cada unha escolle unha cor, unha fruta, unha nación ou calquera outra cousa; de xeito que unha nai pode ser fresa e outra mazá, Enganchense polas mans cos brazos en alto facendo unha ponte. Os demais participantes pasan todos en ringleira, collidos uns autros coma para saltar á conga.

Entre tanto tararean todos a seguinte estrofa en castelán:

Pase misí, pase misá
por la puerta de Alcalá.
Los de alante corren mucho, 
los de atrás se quedarán.

Todos pasan por debaixo dos brazos das nais, pero ó chegar o último da ringleira, baixan os brazos e cólleno atrapado, preguntándolle ó ouvido -qué che gusta máis, a fresa ou a mazá?

Todos pasan por debaixo dos brazos das nais, pero ó chegar o último da ringleira, baixan os brazos e cólleno atrapado, preguntándolle ó ouvido -qué che gusta máis, a gresa ou a mazá?

Segundo o que responda detrás da nai correspondente. Esta operación seguirase repetindo, ata que tódolos nenos escollan o segredo dunha das nais. Despois agárranse en ringleira uns á cintura dos outros, e cada equipo turra fortemente pro seu lado. Gañan aqueles que consigan arrastrar os outros pro seu campo.


O xogo dos nosos rapaces
Camilio Brandín Feijoo

Debuxo de Xaime Quessada

Comentarios

Publicacións populares