Saltar ao contido principal
Capas
Ese día piensa en mí (Edigal). Terceiro disco do grupo ourensán Los Suaves que se consagraba en 1988 como unha das bandas de rock a secas dignas de ter tener en conta dentro do panorama musical español. Tras dous elepés e xiras por toda a península, a banda dos irmáns Domínguez soubo manterse nos peores momentos para un estilo ameazado polas modas cambiantes, postura que serviu para que os ourensáns adquirisen credibilidade entre un público concreto, de sobre todo, xente nova e da periferia das grandes cidades. Los Suaves, ao principio, non eran profetas na súa terra pero enchían grandes espazos noutras xeografías, xa que logo, as súas cancións eran coñecidas polos asistentes ás súas multitudinarias actuacións, como se pode comprobar nos numerosos documentos sonoros e visuais existentes das súas xiras. Co seu terceiro LP, Los Suaves entrarían nunha nova etapa que lles permitiría chegar máis lonxe sen deixar de tocar a súa música básica. Non disco encóntranse fitos da carreira deste combo galego como “Dolores se llamaba Lola”, “Non puedo dejar el rock” o “Ese día piensa en mí”. A carpeta do disco foi deseñada por Triángulo de Publicidad Ourense.
Cancións: “¿Sabes? ¡Phil Lynott, murió!”, “Dolores se llamaba Lola”, “Sólo pienso en dormir”, “Nena, te voy a dejar”, “No puedo dejar el rock”, “Ese día piensa en mí”, “Buen suceso”, “Río y no sé por qué” e “Camino de una dirección”.
Músicos: Yosi (voz, guitarra, armónica e coros), Carlos “Charly” Domínguez (baixo), Hermes Alogo Mebuy (guitarra solista) e Ramón “Moncho” Costoya (guitarra). Colaboradores: Alejandro Cano (batería) e Alberto Cereijo (guitarra en “No puedo dejar el rock”).
Outras capas: “Esta vida me va a matar” (1982), Frankestein (1984), Suave es la noche (1989), Maldita sea mi suerte (1991), Malas noticias (1993), Santa Compaña (1994), ¿Hay alguien ahí? (1995), San Francisco Express (1997), Víspera de todos los santos (2000), Si yo fuera Dios (2003), El jardín de las delicias (2005), Adiós, adiós (2010), 29 años, 9 meses y 1 día (2010) e Gira de los mil conciertos (2013)
Comentarios