Galocheiros ou chanqueiros

O nome de galocheiros ou chanqueiros refírese aos artesáns dedicados a facer os paus dos galochos tamén nomeados chancas e zocos, ademais de elaborar este calzado que consta de piso de madeira e peza de becerro. O zoco é un tipo de calzado tradicional moi usado en Galicia, intermedio entre o zapatón elaborado totalmente en coiro e a zoca que se fabrica só con madeira, a ben ser de bidueiro. 

Nos tempos tradicionais había galocheiros que conxugaban o oficio co de zapateiro. Outros máis especializados, dedicábanse en exclusiva á construcción dos paus dos zocos ademais de elaborar este tipo de calzado.

É o calzado tradicional xunto coas zocas que aínda está en uso e que distintos obradoiros de traballo en coiro aínda hoxe realizan, xa que é especialmente axeitado para o campo. 

Faise este calzado por encargo e para vender polas feiras. Hoxe este oficio decaeu ata case desaparecer pola difusión do calzado de fábrica no mundo rural. Porén, aínda atopamos algúns representantes deste oficio tradicional, que cumpren a importante misión de conservar a vella técnica e saber artesán ademais de surtir dun calzado moi apreciado polo seu valor de uso e simbólico para as persoas que traballan no agro galego. 


Clog Makers

The names galocheiro o chanqueiro refer to craftsmen who crafted the wood to make wooden galoshes, also called chancas and zocos, as cell as making shoes that have a wooden sole and a leather top. Zoco is a traditional kind of shoe widely used in Galicia, a shoe between the zapatón made completely out of leather and the zoca, made exclusively out of wood, preferably out of birch.

Tradicionaly, there were clog makers who combined their trade with shoemaking. Other more specialised clog makers carved exclusively the wood for the clogs as well as aking the actual shoe. 

This is the traditional shoe togheter with the zocas which are still used these days and which different leather workshops still make, as they are particulary suited for farming.

This type of shoe was made to order and also to be sold at fairs. Nowadays, this trade has declined and almost disappeared due to the widespread use of industry manufactured shoes in rural areas. However, some examples of this traditional trade can still be found. These individuals perform an important mission in preserving the old craft techniques and knowledge as well as providing shoes that are very appreciated not only for their usefulness but also for their symbolic value for Galician farmers. 

Zoqueiros de Mondoñedo. Fotografía de Gacio

Comentarios

Publicacións populares