Pase misi
Buscánse dúas nais. Elas falan entre si en segredo e sen que ninguén se entere. Cada unha escolle unha cor, unha fruta ou calquera outra cousa, de xeito que unha nai pode ser "fresa" e outra "mazá".
Engánchense polas mans cos brazos en alto facendo unha ponte. Os demais participantes pasan todos en ringleira, collidos uns autros como pera saltar á conga.
Entre tanto tararean todos a seguinte estrofa en castelán:
Todos pasan por debaixo dos brazos das nais, pero ó chegar o último da ringleira, baixan e cólleno atrapado, preguntándolle ó ouvido: -que ché gusta máis, a pera ou a mazá?. Segundo o que responda ponse detrás da naia correspondente.
Esta operación seguirase repetindo, ata que tódolos nenos escollan o segredo duna das nais. Despois agárranse en ringleira uns á cintura dos outros, e cada equipo turra fortemente pro seu lado.
Gañan aqueles que consigan arrastrar a outros para o seu campo.
Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo
Debuxo de Xaime Quessada
Buscánse dúas nais. Elas falan entre si en segredo e sen que ninguén se entere. Cada unha escolle unha cor, unha fruta ou calquera outra cousa, de xeito que unha nai pode ser "fresa" e outra "mazá".
Engánchense polas mans cos brazos en alto facendo unha ponte. Os demais participantes pasan todos en ringleira, collidos uns autros como pera saltar á conga.
Entre tanto tararean todos a seguinte estrofa en castelán:
Pase misí, pase misá por la calle de Alcalá.
Los de alante corren mucho, el de atrás se quedará.

Comentarios