Lygia Bojunga Nunes (1932) é sen dúbida a mellor escritora brasileira de literatura infantil e xuvenil, recoñecida con diferentes premios, entre eles os máis prestixiosos a nivel internacional como o Hans Christian Andersen e o Astrid Lindgren Memorial Award –este por o conxunto da súa obra-.
Os seus libros foron altamente recomendados en Europa, e un que é curioso púxose enseguida ao día da obra desta autora en lingua portuguesa grazas á revista aquí comentada Fadamorgana, número 12, da imprescindible publicación galega sobre literatura infantil e xuvenil.
O primeiro libro lido por min de autoría da escritora brasileira é o quinto da súa colleita, en concreto Corda bamba (1979). O relato céntrase na difícil adaptación dunha nena, María, que perdeu aos seus pais nun accidente no circo onde traballaban. Co apoio da muller barbuda e o tragafogos, a protagonista mostra o camiño dunha pequena que sufriu unha importante perda e atópase ameazada na súa liberdade por unha sociedade encumbrada e afeita ao todo cómprase, todo véndese.
O título do libro serve para lembrar que aínda camiñando pola corda frouxa pódese chegar a ser unha persoa digna como a que máis. O libro ten unha adaptación televisiva en Suecia, estreas teatrais en varios países europeos e unha pelicula estreada en 2012 e dirixida por Eduardo Goldenstein.
Un bo comezo no primeiro achegamento á obra literaria de Lygia Bojunga Nunes, mediante a lectura de Corda bamba, un libro rescatado das baldas dunha tenda de segunda man xa desaparecida.
Outras obras de Lygia Bojunga
Os Colegas - 1972
Angélica - 1975
A Bolsa Amarela - 1976
A Casa da Madrinha - 1978
O Sofá Estampado - 1980
Tchau - 1984
O Meu Amigo Pintor - 1987
Nós Três - 1987
Livro, um Encontro - 1988
Fazendo Ana Paz - 1991
Paisagem - 1992
Seis Vezes Lucas - 1995
O Abraço - 1995
Feito à Mão - 1996
A Cama - 1999
O Rio e Eu - 1999
Retratos de Carolina - 2002
Aula de Inglês - 2006
Sapato de Salto - 2006
Dos Vinte 1 - 2007 (escolla dos libros anteriores)
Querida - 2009
Querida - 2009
http://www.casalygiabojunga.com.br
Comentarios