Aldea de Río Maior, do concello de Quiroga

Cando tomei a foto para este debuxo xa non quedaban habitantes fixos (Hai uns 20 anos). Paquita, filla dos Carujos, foi a derradeira veciña temporal, acostumaba a pasar aquí os meses de verán, xunto coa súa familia. Só deixou de acudir á aldea natal cando lle fallaron as forzas para conducir o seu auto, pero segue a pasar algunhas tempadas nunha aldea próxima, de máis doado acceso. Hoxe, Paquita de Rio Maior, vive en A Coruña. Outra aldea que desaparecerá engulida polo monte. 

A casa do meu debuxo está xusto a entrada. Seguindo por ese camiño, ao final da aldea, a esquerda, está a casa de Paquita, a filla espúrea dos Carujos. Os Carujos eran dous homes e unha muller, todos solteiros. Paquita pasou aquí todo a súa infancia, criada polos seus avós. Unha infancia chea de aventuras ata que conseguíu ser recoñecida polo seu pai. Venme a nemoría que nunha ocasión, por encargo dunha das súas fillas, lle fixen un debuxo a partir dunha vella fotografía na que aparece ela paseando co seu pai por A Coruña.

A Paquita ten agora 94 anos. Se Río Maior é unha aldea chea de historias, sen dúbida a dela é a máis grande. 


Lapis sobre papel © Manuel R. Crespo

Comentarios

Publicacións populares