Rei, Rei
Os nenos collen unha vasoira co penacho pra riba, ou unha vara longa e algo pesada. Póñena perpendicular nos dedos da man dereita, e despois, movendo a man e o corpo se é necesario, han de mantelo pau con equilibrio. Mentres os rapaces fan tal exercicio recitan:
Rei, Rei,
cantos anos vivirei.
Rei, Rei,
cantos anos durarei.
Vintecinco, nono sei.
Un, dous, tres, catro, cinco, seis
sete, oito, nove, dez... (repítese).
Van contando ata que perda o equilibrio a vara caíndo ó chan.
Pra facelo algo máis difícil, cando os nenos xa son grandes, a vara de equilibrio ha se de ir pasando progresivamente por tódolos dedos da man de un en un, sen que en ningún caso se poida prestar axuda coa outra.
Regra
A vasoira só pode ir apoiada na man ou nos dedos; non vale amadala.
Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo
Debuxo: Xaime Quessada
Comentarios