Capas


The Original Soundtrack (Mercury) 1975
10 cc
Portada: Hipgnosis

O cuarteto de Manchester 10 cc incluíu sen dúbida a súa canción máis coñecida, “I' m Not In Love”, no seu terceiro elepé, a pesar de que os membros do grupo inglés contaban tras de si cunha importante carreira musical desde os anos sesenta, achegando, nalgúns casos, éxitos para outras formacións. The Original Soundtrack recolle a mellor tradición do pop sesenteiro, onde as harmonías vocais constitúen unha das súas principais referencias, e do rock progresivo dos setenta coa inclusión de todo tipo de teclados. 

Do segundo subxénero, 10 cc aproveita a tendencia ás obras conceptuais para abrir cunha pequena ópera roqueira titulada "Une nuit à Paris", despezada en tres partes que serven para facer burla do ámbito empoleirado da sétima arte, o cal non deixa de ser orixinal desde unha formación pop nunha época na que o rock progresivo comezaba a declinar e aburrir. Non é estraño, xa que logo, que “!I'm Not In Love" chegase alto nas listas de éxito a pesar da súa comercialidade e á vez a súa grandeza, tanto a nivel instrumental como vocal, que a sitúan entre unha das mellores baladas de soft rock para a banda sonora da década de 1970. 

O pop rock elegante de 10 cc aproxímase tamén ao soul de pista de baile en "Blackmail", aínda que o repertorio recupera axiña a refinada sensibilidade de bos compositores do citado grupo, sobre todo, en "The Second Sitting For The Last", "Life Is A Ministrone" e "The Film Of My Love", acertadas pezas para a banda sonora dunha etapa do século pasado.

Cancións: "Une nuit á Paris: a. "One Night In Paris". b. "Same Night In Paris". c. "Later The Same Night In Paris". "I'm Not In Love". "Blackmail". "The Second Sitting For The Last". "Brand New Day". "Flyng Junk". "Life Is A Minestrone". "The Film Of My Love".

Músicos: Lol Creme ( piano, órgano, moog, vibráfono, percusión, autoharp, mandolina, percusión, gizmo, guitarra, violín e voz), Kevin Godley (batería, percusión, timbal, moog, bongó, marimba, cello e voz), Graham Gouldman (baixo, guitarra, mandolina, autoharop, percusión e voz) e Eric Stewart (guitarra, steel guitar, piano, órgano, percusión e voz).


Más portadas: "10 cc" (1973), "Sheet Music" (1974), "How Dare You!" (1976), "Deceptive Bend" (1977), "Live And Let Live" (1977), "Bloody Tourists (1978), "Look Hear? "(1980), "Windows In the Jungle" (1983), "Meanwhile" (1992) e
"Mirror Mirror" (1995).









Comentarios

Publicacións populares