FRONTE SEN CALCO
Muller dormida
¿Dormida? ¿Feita callado rio ou lua?
¿Fora de ti, pálida voz da terra?
¿Beizo de mármol que escura arela cala?
Non son ousado de achegar mans que tremen
á nua e erma saudade do teu corpo.
Baixo as perfebas non sei qué cabalgadas;
que perfeición de soutos e vieiros;
qué bois cos cornos de loureiro enfeitados,
con teixas mozas nos lombos florecidas.
Ou nada, ou só o negro sono, esquezo;
dous fundos pozos sen eco e sen chegada,
a tua fronte sen calco un mar de neve,
o corazón como unha estrela adoita.
E o branco amor que che arrecende, nube,
saraiva é ja, que te conserva, nídia,
como unha pomba pousada alén do arrolo.
Longo de ti; te amar, ver-te de longe;
a cabeleira, mortalla do teu sono.
En soledade, sen homes e sen deuses.
Grises petoutos; carochas ocas; edra.
Ricardo Carballo Calero
Pinturas de © Serge Marshennikov


.jpg)

Comentarios