Capas

© http://onelp.com

Guy Webster
(1939 -2019)

O fotógrafo estadounidense Guy  Webster desenvolveu un importante labor na creación de portadas de discos desde comezos da década de 1960 ata a actualidade. Nese sentido hai que ter en conta, entre outros, os traballos realizados para as portadas de elepés relevantes de The Mamas and Papas, The Beach Boys, The  Byrds, The  Doors, The  Rolling  Stones, The Hollies, Procol  Harum, Simon &  Garfunkel, Sergio Mendes & Brasil 66, Tim Buckley ou Nico.

Falecido aos 79 anos de idade, Guy era fillo de  Paul Francis Webster, recoñecido compositor e  letrista que obtivo varios premios Óscar á Mellor Canción Orixinal por  Secret  Love,  Love  Is a  Many  Splendored  Thing e  The  Shadow  of  Your  Smile. O seu fillo aspiraba a orientar a fotografía cara á arte, pero no camiño cruzouse o músico e produtor Terry Melcher, quen lle propuxo facer a portada do disco Three  Window Coupe, do grupo  The  Rip  Chords. A pesar de atoparse na escola,  Webster decidiu gañar algo de diñeiro coa creación de portadas de  LP's.



A actividade fotográfica de Webster abarcou diferentes terreos nos que aparecen cine, literatura, música clásica, literatura e política como Dean Martin, Barbra Streisand, Natalie Wood, Bob Hope, Bob Newhart, Burt Reynolds, Dennis Hopper, Edward G. Robinson, Elizabeth Montgomery Jack Nicholson, Jane Fonda, John Belushi, Larry Hagman, Leonard Nimoy, Marlo Thomas, Priscilla Presley, Raquel Welch, Rock Hudson, Truman Capote William Shatner, Igor Stravinski, Zubin Mehta, Ronald Reagan e Bill Clinton.













 





Comentarios

Publicacións populares