Evasión ou vitoria

Xa toda a terra é unha cárcere,
así que
desta vez
imos facer un gran túnel
que una todos os demais
cara un volcán.

Levamos tempo de máis
construíndo labirintos.
Agora
as toupas,
comezaremos a furar as entrañas das profundidades
ata que saia a lava.
Cambiarémoslle a cara
ao antes chamado planeta azul,
que despois será quente, vermello e negro.
Xusto o que nós vemos
entre os que non vemos.

Estamos de camiño.
Cando cheguemos
poderedes deixar de preocuparvos
polo futuro,
polo apocalipse.
Por fin,
Fin.

Nunca mascotas
Paula Carballeira

Fotogramas do filme Children Of Men (2006), de Alfonso Cuarón


Comentarios

Publicacións populares