Meu
E veño de non sei onde
e voume pra onde veño.
Un equis preto na fronte,
circo pechado meu peito.
O pasado xeroglífico.
O presente cero e cero.
Índice, suma, tratado,
alfa e omega de min mesmo.
Mariñeiro a mariñar
no océano do segredo.
Dorna bogando á deriva,
sin vela, timón nin remo.
Pois veño de donde vou
e voume pra donde veño.
E rapo a barba ca lúa
e báñome no silenzo.
Si quero comer, saudade.
Di teño friaxe, o vento.
Escada de badaladas
si quero rubir o Ceo.
E rise de min a xente
Mais que sabe a xente deso!
Paradoxa, paradoxa.
Teño fame e son un Creso.
E levo cravos por fóra,
e levo sedas por dentro,
e levo loito na alma,
e levo rosas nos beizos.
Señor! Señor!
Son un probe neurasténeco.
Cazador infatigábel!
nos matos do pensamento,
teño un carcax-pantasía-,
rico de frechas-meus versos.
Teño paxaros e copras,
e levo os ollos bagoentos.
Teño enfeites e galanos,
e vou como un famento.
Paradoxa, paradoxa.
Ilusión douda-ouro vello-,
Son cativo como a relva
I estou mais outo que o ceo.
Señor! Señor!
E veño... de donde veño?
Fírgoas
Manuel Luís Acuña
Fotografías: AFP Photo e ryanphunter.files.wordpress.com
Comentarios