Son a rapariga mala da historia


son 
a rapariga mala da historia,
a que fornicou con tres homes
e sacoulle cornos ao seu marido.

son a muller
que o enganou cotidianamente
por un miserable prato de lentellas,
a que lle quitou lentamente a súa roupaxe de bondade
ata convertelo nunha pedra
negra e estéril,
son a muller que o castrou
con infinitos xestos de tenrura
e xemidos falsos na cama.

son 
a rapariga mala da historia.



María Emilia Cornejo 



Imaxe: Cartel do filme Red Sparrow (2018), dirixida por Francis Lawrence


Comentarios

Publicacións populares