Filla fermosa
Filla fermosa
deixa de camiñar pola noite
é moi escuro
non hai luz nesta terra
o sol morreu fai tanto
serás punzada por espiñas
caerás nunha donga[1].
Filla fermosa
esta mañá as aguias descubrírona
a túa pequena amiga
co seu longo pelo de bronce
a nena de ollos líquidos escuros;
canción de paxaro, líder do coro da igrexa
aguias descubrírona esta mañá
tirada nun charco de sangue
a saia esgarrada, un trapo
a garganta esganada
os seus afiados, finos peitos ausentes
nena virxe, agora un frío cadáver
ningunha saba branca, ningunha acubilla
para cubrir o seu corpo desfigurado.
Filla fermosa
no campo preto da oficina postal
fronte á nosa casa grande
eles cazárona como a unha cerva
partiron os seus xeonllos con aceiro
para que así puidese deter o seu galope
catro deles sopraron e resollaron
como animais, encima dela
que viña da festa
aínda que non moi bébeda
foi ao club nocturno para bailar
catro homes déronlle aventón
da cidade ao suburbio
acoitelárona, apuñalárona varias veces
con coitelos de carniceiro
as súas costelas foron rotas con ladrillos
catro deles tomaron a súa quenda
soprando e resollando
berrando como hienas
mentres exacularon
cortaron seu clítoris cunhas tesoiras
deixaron un desarmador dentro, entre as pernas.
Khanyisa, Khanyisa
ela quería ser doutora no suburbio.
Filla fermosa
eu escoitei o seu berro dolorosamente:
Ndza fa minoo! Ndza fa minoo!
eles enchéronlle a boca
cunha tanga tintura de sangue e a súa toalla
para que puidese deixar de gritar
entón eles cortaron a súa lingua
converténdoa en muda
armas disparadas, cinco veces
usaron balas e non balines
para romper o seu cranio
dispersáronse en caterva
este ano novo, os matóns
asasinaron a unha estudante
eles enchéronlle a boca
cunha tanga tintura de sangue e a súa toalla
para que puidese deixar de gritar
entón eles cortaron a súa lingua
converténdoa en muda
armas disparadas, cinco veces
usaron balas e non balines
para romper o seu cranio
dispersáronse en caterva
este ano novo, os matóns
asasinaron a unha estudante
Filla fermosa
deixa de camiñar pola noite
é moi escuro
non hai luz nesta terra
o sol morreu fai tanto
serás punzada por espiñas
caerás nunha donga.
Vonani Bila
Comentarios