Aiquí me tés
Unha fiestra.
Dádeme unha fiestra
pra este ollo insomne
que me fura dende o sábrego.
Quero verte ceibe.
Apreixados son os teus carballos
por buscar o mar,
o ceo,
dende as sombras que abranguen arelanzas.
Por tódolos camiños de saudade
dos fillos que se van cos solpores.
Berros, onde as cantigas latexaban.
Berros.
Urros de bois nos matadoiros,
Quero o lecer da alba,
as roseiras,
as fontes,
os namoros
dos paxaros prá lección nosa
que ha de vir co abrente.
Aiquí me tés,
Aiquí me quedo
agardando unha fiestra.
Xosé Conde (1918 - 1990)
Fotografía de © Candela Pérez Tejelo
Unha fiestra.
Dádeme unha fiestra
pra este ollo insomne
que me fura dende o sábrego.
Quero verte ceibe.
Apreixados son os teus carballos
por buscar o mar,
o ceo,
dende as sombras que abranguen arelanzas.
Por tódolos camiños de saudade
dos fillos que se van cos solpores.
Berros, onde as cantigas latexaban.
Berros.
Urros de bois nos matadoiros,
Quero o lecer da alba,
as roseiras,
as fontes,
os namoros
dos paxaros prá lección nosa
que ha de vir co abrente.
Aiquí me tés,
Aiquí me quedo
agardando unha fiestra.
Xosé Conde (1918 - 1990)
Fotografía de © Candela Pérez Tejelo
Comentarios