Ninguén pode saber

Ninguén pode saber
onde vai a muller que ten os ollos
o mesmo ca Paixón segundo San Mateo
de Bach

Ninguén o saberá 
Ela leva unha esmola nos beizos
unha pregunta aberta vestixio de morte
acaso un río magoado e longo
cando espesou a noite sobor da cidade

Ninguén ha saber
de onde chega a muller que leva nas mans
o límite do que lle deu a vida
cando o tempo se pecha como un libro



Concerto de outono
Luz Pozo Garza


Fotografía ® Kurt Hutton

Comentarios

Publicacións populares