Respondías amor

Respondías con palabras altísimas
nun xardín clausurado
nun horto transferido

onde as noites mistura a verdade do amor
nun canto biblíco cun final desolado:

A amada ten un nome de luz e lonxanía
unha lenda inventada
que non se pode confirmar

ou deter ese canto numinoso da amante
cando chega

Cando descoñecida desaparece na chaira
na figura dunha árbore moi fráxil
mesmo un vimbio
                            unha folla
                                           un espellismo...

O seu saber non é deste mundo
Todo semella un soño e desventura
Mais ela existe e ama


Deter o día cunha flor
Luz Pozo Garza


Pintura de José Valentín

® Baía Edicións

Comentarios

Publicacións populares