Praia das catedrais

Non me afastes  de ti
pídocho meu amor:
                               detén o tempo

Detén solsticios e galaxias
Detén as fases do minguante
dunha Lúa elusiva que preside os amores

Detén o ciclo das mareas
detén as ondas que suplican na noite
E fan das puras rochas catedrais delirantes
Naquelas praias voluptuosas de nomes
esquecidos
onde as parellas míticas se aman

Li Yan 
canción
serea
   Carmen xardín ou rosa ---
                         
non te afastes de min


Deter o día cunha flor
Luz Pozo Garza

 Fotografías de ® Emilio Blanco "Milucho"


Comentarios

Publicacións populares