OS SOÑOS VEÑEN MORRER SOBRE A PÁXINA

 

Os soños veñen morrer sobre a páxina

Un por un
os soños veñen morrer sobre a páxina
puxéronse de acordo
para vir de todas partes
a morrer sobre a páxina
como os elefantes no seu cemiterio
Asisto ás súas convulsións
non podo ofrecerlles un vaso de auga
Míroos por primeira
e última vez
antes de cubrilos ca mortalla das miñas palabras
e depositalos nunha barca ordinaria
que xa no pasado arrolounos
A corrente arrástraos
e pronto mos devolve
coma se o leito non estivese alá
senón aquí sobre a páxina

Abdellatif Laâbi


Pintura de ® Kari Sagal Allgire

Comentarios

Publicacións populares