VELLA OLIVEIRA

Por dentro vas calada e consumida
por unha forza cega e poderosa
E por fóra eres áspera e rugosa,
oliveira retorta como a vide.

Se a tua intimidade é solprendida
agroma mainamente pudorosa:
faise pequena folla rumorosa
e dice unha canción leve contida.

Vella oliveira do Val nube e remol,
pila de cinza dun verde prata e gris:
tí estás feita de pedra, terra e sol.

Iñoras o tulipán e a fror de lis:
pro si que coñeces e amas o ouriol
e amistache co melro e co malvís.


Sonetos ao Val de Quiroga
Manuel María

Fotografías ® Roque Soto Soto

Comentarios

Publicacións populares