PEGADAS DE ELOY MAQUIEIRA
Edificio do denominado sanatorio Pimentel, de Lugo, derrubado na década de 1980, un inmoble que de neno gustábame observar cando ía á capital da miña provincia. A atracción viña quizais da sorpresa que a novidade causa nas persoas, sobre todo cando o mundo reducíase a unha ducia de casas distribuídas ao redor da ribeira dun río silandeiro.
A autoría da obra era do arquitecto Eloy Maquieira (1902 - 1944), cuxo aceno aínda mírase noutras construcións felizmente en pé no espazo do centro urbano da antiga Lucus.
Un dos bloques de vivendas que resisten os empurróns dos cambios caprichosos e as periódicas especulacións, é o situado na intersección da praza de España coa rúa Doutor Castro de Lugo, conxunto proxectado por Maquieira en 1935.
Debuxos de © Santiago Catalán
Comentarios