EN MONTEFURADO METEUSE NO MONTE


Cadea

As penas garda civís, 
ao río Sil lévano preso.

Seica din, que aló no monte, 
zugoulle o sangue aos regueiros; 
esforciou doncelas fontes; 
e arroubou o ouro das serras 
para gastalo no mar 
no cabaret das sereas.

Deron parte del os lobos
cando ía fuxir a Cuba, 
e inda que, en Montefurado
meteuse no monte, a lúa
descobríuno e déronlle o alto.

Do muíño nunha touta,
a gaiola dos regatos.
terá, por vida, cadea
e máis traballos forzados.

Florencio Delgado Gurriarán


Comentarios

Publicacións populares