DARÍO XOHÁN CABANA


Se cando a morte pálida me apañe
deixo no mundo un pouco de memoria,
eu quero que teu nome me acompañe,
se che podo servir dalgunha gloria;

e se labro estes versos co teu lembro
contra da cinza, a corrupción e o lodo,
é que eu non quero creer que aquel setembro
acabase pra sempre xa con todo.

Ben sei, ben sei, canté que o non soupese,
que a vida acaba cando o sangue calla,
pero quizá a memoria nos puidese
librar, se non da morte, da mortalla;

e se así, e após da morte eu brillo,
saiban que eu fun quen son por ser teu fillo.

Canta de cerca a morte
Darío Xohán Cabana (1952-2021)








Fotografía:
/www.xornaldelugo.com

Comentarios

Publicacións populares