DE MONTE A MONTE E MÁIS DE RÍA A RÍA
María das batallas
María das batallas,
levaréiche unha frol por cada bala,
e unha cunca de leite
arrebuxada en neve
para che curar a sede,
Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!
levaréiche unha frol por cada bala,
e unha cunca de leite
arrebuxada en neve
para che curar a sede,
Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!
María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
e una estreliña nova
no berce dunha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.
María da soberana liberdade
os artilleiros danche alferecía,
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
de monte a monte e máis de ría a ría:
o bronce meu, teu bronce foi María.
Lorenzo Varela
Comentarios